Unha aplicación móbil facilita o uso do servizo Bicicoruña

martes, 6 de xuño do 2017 Marcus Fernández

O desenvolvedor galego Jacobo Rodríguez, a quen debemos unha aplicación para xestionar as citas médicas no Servizo Galego de Saúde en iOS, así como unha adaptación do xogo de naipes coñecido como La Escoba, vén de estrear unha nova aplicación móbil para iPhone, Bicicoruña App, que como ben indica o seu nome, serve para consultar de xeito rápido as estacións máis próximas do servizo de bicicletas públicas de A Coruña, indicando tamén o número de bicicletas dispoñibles en cada estación. Como funcións avanzadas tamén permite consultar as estatísticas das viaxes do último ano, o historial de viaxes e incluso facilita a monitorización de rutas para amosalas no mapa.
Esta aplicación para iPhone permite calcular os quilómetros reais empregando o GPS, engadir estacións favoritas, inclúe soporte para Apple Watch... e para os que non teñan dispositivos móbiles de Apple tamén conta cunha aplicación irmá para Android, que leva por nome simplemente Bicicoruña, e que tamén podemos descargar de balde. Esta última ferramenta é obra de Fernando Álvarez Ude Pardo.

O servizo de Bicicoruña conta con numerosas estacións repartidas pola cidade da Coruña que podemos localizar de xeito áxil grazas a aplicacións móbiles

PUBLICIDADE