Unha aplicación móbil informa dos establecementos moi concorridos para evitar desprazamentos innecesarios

mércores, 22 de abril do 2020 Marcus Fernández

A Axencia Espacial Europea (ESA) en colaboración cunha startup británica chamada Lanterne, está a promover o uso dunha aplicación móbil que pretende salvar vidas informando da conxestión de establecementos comerciais como supermercados ou farmacias para evitalos cando sexa complicado manter o distanciamento social.
A nova aplicación, chamada Crowdless, que polo momento só está dispoñible en inglés, pode descargarse de balde para iOS e para Android, e empregando datos de fontes como Google Maps e Google Places rastrexa os movementos de dispositivos móbiles e combínaa con información achegada por usuarios, permite indicar cando un establecemento está demasiado concorrido, evitando así desprazamentos innecesarios e evitando riscos.
Esta aplicación permite manter o distanciamento social dun xeito efectivo para mitigar o espallamento da COVID-19 e aseguran que manterase completamente de balde, mentres que dende a ESA salientan que é un magnífico exemplo de como as tecnoloxías espaciais e satelitais poden resultar moi prácticas no noso día a día.

A aplicación achega información sobre o nivel de conxestión dos establecementos comerciais, para instar a evitalos cando están demasiado concorridos

PUBLICIDADE