Unha aplicación para móbiles con GPS permite localizar o noso terminal por SMS

mércores, 3 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios de móbiles intelixentes con Windows Mobile 5 ou 6 que conten con módulo GPS poderán aproveitar as funcionalidades do seu terminal para integrar un sistema que permite localizar o móbil en caso de perda ou roubo, xa que poderán instalar unha aplicación que traballa en segundo plano que nos permite consultar a súa posición mediante SMS.
Así, os usuarios que no atopen o seu móbil só terán que remitirlle un SMS dende outro terminal para recibir como resposta a posición do terminal, o que tamén pode servir para localizar a nenos ou anciáns.
Para maior seguridade (contra roubos) o sistema tamén avisará por SMS en caso de que se cambie a tarxeta SIM do terminal.
O W.I.M.P., ou Where Is My Phone?, véndese a 10 libras (14,39 euros) e tamén conta cunha versión de proba para comprobar o seu correcto funcionamento no noso terminal antes da súa compra.