Unha aplicación permite usar o Internet Explorer 7.0 en Linux

mércores, 8 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios de sistemas operativos Linux xa poden empregar nos seus equipos o último navegador web de Microsoft, o Internet Explorer 7.0, grazas á aplicación IEs 4 Linux, que é compatible coas versións 5.0, 5.5, 6.0 e 7.0 do Explorer e mesmo soporta os plugins de Flash) de xeito que os linuxeiros poden contar nos seus equipos co navegador web máis empregado no mundo (o que agradecerán especialmente os deseñadores de páxinas web, para poder revisar a visualización das súas creacións dende o sistema operativo de código aberto).
O IEs 4 Linux precisa da instalación de wine e cabextract, e é de balde.