Unha nova aplicación engade posibilidades ás webcams de Logitech
luns, 29 de outubro do 2018
As webcams de Logitech gozan de grande sona en
equipos informáticos, especialmente entre usuarios que realizan retransmisións en
directo a través da Rede, e que seguro que agradecerán a renovación
do seu software, polo momento en beta
pública. Deste xeito, os usuarios dunha cámara Logitech C920, C922 ou
BRIO 4K Pro poden descargar xa a aplicación Logitech Capture, que
busca atender ás novas necesidades do público, que xa non limita o uso de
cámaras no ordenador a videoconferencias.
Logitech Capture permite gravar contidos de múltiples fontes, é capaz de gravar
vÃdeo vertical en formato 9:16 (por se queremos producir no ordenador vÃdeo de
calidade que logo consumir dende dispositivos móbiles), permite funcionar como
cámara virtual para que os resultados da aplicación poidan aplicarse ás
emisións que realicemos en directos de plataformas como YouTube, incorpora
controis profesionais durante as gravacións (aplicar chromakey, efectos de transición, engadir bordes...) e tamén
permite personalizar a configuración da cámara (modificar a resolución, os
fotogramas por segundo, o enfoque, o balance de brancos...).
Temos asà unha ferramenta que claramente engade valor ás webcams de Logitech, e
que alongarán a súa vida ao convertelas en dispositivos válidos para moitos
máis escenarios dos que o seu fabricante tiña pensado inicialmente.
VÃdeo de presentación da nova aplicación de Logitech
