Unha televisión xaponesa anuncia o abandono do HD DVD por parte de Toshiba
luns, 18 de febreiro do 2008
A guerra de formatos de disco óptico de alta
definición chega á súa fin, e despois de que a Warner abandonase o HD
DVD en favor do Blu-ray, outras compañÃas seguiron os seus pasos (incluÃndo
o principal
distribuidor de pelÃculas pornográficas en alta definición), polo que os consumidores
abandonaron masivamente o formato apoiado por Toshiba, de aà que só era
cuestión de tempo que o fabricante tirase a toalla, o que anunciou este sábado
a televisión nipona NHK,
que asegurou que as fábricas de Toshiba deixarán de producir HD DVD, de xeito
que nos
vindeiros meses procurarÃan desfacerse do stock
duns reprodutores que dificilmente colocarán no mercado ante a súa data de caducidade.
|
|
A mesma televisión estima que a primeiros desta semana se celebrará unha
xuntanza extraordinaria da xunta directiva de Toshiba para oficializar o cese
da produción do HD DVD, que segundo moitos está a seguir os mesmos pasos que o
Betamax, aÃnda que desta volta é Sony o fabricante que saÃu vencedor da guerra
de formatos.
Toshiba
terÃa perdido uns 10.000 millóns de iens (63 millóns de euros) na produción
de reprodutores e gravadores de HD DVD, o que non serÃa asumible trala perda do
apoio dos grandes estudos cinematográficos e mesmo das tendas Wal-Mart e dos
videoclubs Netflix.
Queda por ver cómo responderá a esta dramática nova Microsoft, posto que a
consola Xbox 360 apostou polo HD DVD coma formato, aÃnda que, ó ser mediante
unha unidade de lectura externa, non serÃa de estrañar que a compañÃa de
Redmond lance en breve un reprodutor externo Blu-ray para a súa consola de nova
xeración.
De tódolos xeitos, hai que non da a guerra da alta definición por rematada, xa
que algúns pensan que o Blu-ray tamén fracasará, de xeito que as descargas
a través da Internet ou o vÃdeo baixo demanda ofertado por operadoras de cable
serán o futuro, aÃnda que os vellos hábitos (que levan ó coleccionismo de obxectos
fÃsicos) e as limitacións das infraestruturas actuais poderÃan
deixar un oco para o Blu-ray.
ACTUALIZACIÓN: Toshiba nega que pechase a produción de HD DVD, pero outras fontes aseguran que o anuncio oficial poderÃa chegar este martes ou mércores.
