Unha web emprega a pelÃcula do Señor dos Aneis para comparar DVD e HD DVD
luns, 18 de decembro do 2006

- Comparación da pelÃcula O Señor dos Aneis en DVD e HD DVD
¿Paga a
pena a alta definición? É a pregunta que fan moitos consumidores cando queren
comprar un televisor novo e os confunden con termos como HD Ready ou FullHD, e
despois lles comentan que o DVD evolucionará no HD DVD e no Blu-ray. Deixando a
un lado as distintas opcións tecnolóxicas, o que está claro é que a alta
definición da unha calidade de imaxe moi superior á estándar (outra cousa é que
sexamos quen de distinguila se estamos lonxe do televisor) e para que a xente
saia de dúbidas publicaron unha selección de imaxes
da pelÃcula do Señor dos Aneis para realizar a comparación de rigor, amosándose
nun primeiro momento unha serie de imaxes tomadas do DVD pero que, ó pasar ó
punteiro do rato sobre as mesmas convértense na versión do HD DVD (en versión
reducida para que ocupen o mesmo espazo en pantalla) de xeito que se poden
aprezar as diferenzas de calidade de xeito moi xeral.
O cambio de calidade é realmente abraiante, especialmente na pantalla dun
ordenador (que normalmente ten máis definición que un televisor) e este
exercicio demostrativo pode servir para animar ós consumidores a apostar polos
novos formatos de imaxe.
