VMware Workstation e Fusion pasan a ser completamente de balde
mércores, 13 de novembro do 2024
Broadcom adquiriu VMware hai preto dun ano, e iso supuxo un impacto no software de virtualización desta última, que en maio pasou a ser de balde para uso persoal e agora anuncian que VMware Fusion e VMware Workstation pasan a ser de balde para todos os usuarios, de xeito que os actuais subscritores de pagamento pasarán a recibir as aplicacións sen custo e as versións Pro das aplicacións deixan de estar dispoñibles para a súa compra, ofrecéndose como aplicacións de balde.
Aseguran que este cambio non supón o abandono das aplicacións, comprometéndose a continuar a investir nas mesmas, actualizándoas e garantindo a súa estabilidade e calidade.
Estas aplicacións permiten instalar diferentes sistemas operativos en máquinas virtuais, o que resulta moi útil especialmente en contornos de desenvolvemento para a realización de probas, aÃnda que teñen moitas outras aplicacións prácticas ao facilitar que, por exemplo, poidamos correr Linux nun equipo con Windows (empregando WMware Workstation) ou instalar Windows dentro dun equipo con macOS (con WMware Fusion). Outra solución semellante, VirtualBox, tamén é de balde dende hai tempo, poñéndollo máis difÃcil a compañÃas como Parallels, que comercializa mediante subscrición unha solución para correr aplicacións de Windows baixo macOS.