Varias aplicacións moi populares tomaban capturas de pantalla do móbil dos usuarios
venres, 8 de febreiro do 2019
The
App Analysis fixo público que as aplicacións para iOS que facÃan uso do sistema
de analÃticas de Glassbox Digital, como Air Canada, Abercrombie & Fitch,
Expedia ou Hotels.com, estaban
a tomar capturas de pantalla do smartphone xunto a información confidencial
dos usuarios e sen advertir de tal práctica.
O caso analizado de xeito pormenorizado por The App Analysis é o de Air Canada,
constatando que a ferramenta de Glassbox tomaba capturas de pantalla durante o
uso da súa aplicación móbil cun mal sistema de ocultación da información persoal,
incluÃndo información de métodos de pagamento, de xeito que non só estarÃan a
vulnerar a privacidade dos usuarios, senón tamén as normas da industria de
tarxetas de pagamento (que prohibe o almacenamento de contrasinais).
TechCrunch continuou esta investigación, deixando en evidencia o uso de
Glassbox por parte de bastantes compañÃas, lembrando que este tipo de
ferramentas non cumprirÃan as normas da App Store, e tras publicarse esta mala
práctica, dende
Apple contactaron cos usuarios da ferramenta de Glassbox para instarlles a modificar
as súas aplicacións en menos de un dÃa, ou borrarÃanas da App Store por
vulnerar as súas normas, xa que recoller información dos dispositivos dos
usuarios de xeito oculto está totalmente prohibido.