Verónica Bolón desmitificará a intelixencia artificial no Pint of Science coruñés

venres, 19 de maio do 2023 Marcus Fernández

O festival Pint of Science chega un ano máis á cidade da Coruña, cunha ducia de relatorios repartidos entre os días 22 e 24 de maio e entre dous bares (Árnica e La Olímpica), entre os que temos que destacar o que impartirá a profesora da Facultade de Informática da Coruña e investigadora do CITIC, Verónica Bolón Canedo, que terá lugar o vindeiro luns ás 20:00 no Bar Árnica.
Baixo o título de Avances e desafíos da intelixencia artificial, e por que aínda non debemos temer aos robots! Explorará dende a orixe da intelixencia artificial nos anos 50 até as súas aplicacións máis modernas na actualidade. Tamén achegarase a algúns desafíos éticos e sociais que chegan coa intelixencia artificial e como podemos abordalos para maximizar os beneficios e minimizar os riscos e, en definitiva afondar no ámbito da intelixencia artificial para perder o medo aos nosos amigos robots.

Carteis coas actividades de Pint of Science na Coruña

PUBLICIDADE