Vieiros achega á Selección Galega ó PC

martes, 19 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Co gallo do partido entre a Selección Galega de fútbol e a de Ecuador, Vieiros publicou un parche que permite modificar o xogo Pro Evolution Soccer 6 para incorporar á equipación galega, de xeito que os afeccionados ó fútbol virtual poidan levar ás súas pantallas o que o vindeiro día 28 se poderá ver no terreo de xogo do Estadio de Riazor de A Coruña.
Para meterse na pel dos xogadores galegos, os usuarios que teñan o xogo de Konami para PC poden descargar un ficheiro que parchea o xogo para a súa galeguización, incorporando ós 20 convocados por Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez, e non faltado a presenza dos seareiros que animarán ós xogadores con bandeiras e pancartas.