Vigo acollerá un par de charlas sobre optimización de servidores web baseados en PHP
martes, 21 de marzo do 2017
O grupo PHPVigo organiza un novo Meetup
mañá mesmo ás 20:00 en Kaleido Coworking Center (espazo de coworking accesible dende as rúas GarcÃa
Barbón e RosalÃa de Castro) onde durante unha horas e cuarto afondarase en
cuestións técnicas que grande interese para desenvolvedores e administradores
de páxinas web que queren optimizar o seu rendemento e prepararse para soportar
altas cargas de tráfico.
O encontro abrirá con Óscar Miguel,
un dos responsables de Diariomotor e ¿Qué coche me compro?, quen
achegará ás chaves para xestionar unha páxina web baseada en WordPress que teña
máis de 200.000 páxinas vistas ao dÃa; a quen seguirá Rubén González para explicar como
mellorar o desempeño de páxinas web con Blackfire
(explicará dende como instalar e usar o profiler
PHP de Blackfire ata os mellores
trucos para programar en PHP de xeito eficiente).
