Vigo acollerá unha xornada sobre a industria do desenvolvemento de software

venres, 17 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

O GDG Vigo e Google organizaron para o vindeiro martes 21 de febreiro entre as 9:00 e as 13:15 horas o High School Developers Parade Vigo, encontro que desenvolverase no Auditorio Municipal do Concello de Vigo (sito na Praza do Rei, 1) e que busca xuntar a varios centos de estudantes e profesionais do desenvolvemento e o deseño de software para amosarlles como funcionan e que poden aportar as comunidades de desenvolvedores.
Os distintos relatores desta xornada falarán da súa experiencia na industria, da cultura das startups, da consultoría, do teletraballo... en definitiva, presentar o panorama profesional da industria do desenvolvemento nas súas diferentes variantes, para motivar a estudantes (e outros profesionais) e amosarlles tamén ao que pode aspirar.
Esta actividade é de balde previa inscrición e desenvolverase seguindo o seguinte programa:
9:00 - Rexistro e presentación
9:30 - Artesáns do futuro por Álex Hermida (Cofundador @ Initios)
10:00 - De coñecementos a ACTITUDE por Eloy Coto (VoIP Engineer @ Foehn)
10:30 - Work: Pain or Game? por Ana Cidre (Frontend Developer)
11:00 - Google Developers Community por Andrés L. Martínez (Developers Relations @ Google)
11:30 - Traballando a remoto; de startups a grande empresa por Jesús Pérez & Abdón Rodríguez (Developers @ IBM Research)
12:00 - Descanso
12:40 - Mesa redonda
13:20 - Peche

PUBLICIDADE