Vigo quere conectar coa cultura xaponesa no mes de xullo
xoves, 18 de maio do 2023
Resulta
curioso que na cidade da Coruña se celebren anualmente un par de edicións ExpOtaku,
Hobbycon e Japan Weekend, centrados na cultura asiática e na oferta de lecer
alternativa na que tamén están os videoxogos, mentres que no resto de Galicia
este tipo de eventos son case anecdóticos e con dificultade para manterse no
tempo, de aà que non serán poucos os que reciban cos brazos abertos a Kokoro Japan Expo, celebración que
terá lugar no Centro de Congresos e Eventos IFEVI os dÃas 8 e 9 de xullo,
prometendo converter Vigo no centro da cultura popular xaponesa.
- No evento poderase gozar de numerosas máquinas recreativas xaponesas
Esta celebración quere acoller a amantes do manga, o anime, os videoxogos e o cosplay para participar nun amplo programa de actividades, que van dende exposicións e obradoiros até torneos de videoxogos e concursos de cosplay. Non só terán espazo para xogos modernos, senón que tamén reservarán un espazo para os xogos retro, buscando asà que os asistentes poidan lembrar xogos clásicos da súa infancia.
- A cosplayer internacional Manzana Chruse acudirá á Kokoro Japan Expo
Actualmente a organización do evento está a adiantar detalles sobre o mesmo, como que van ter dispoñibles máquinas recreativas xaponesas (dende clásicos como Street Fighter II ou Pac-Man até as últimas novidades tecnolóxicas), artistas convidados como o Spider-Man de Vigo, as cosplayers internacionais Manzana Chruse e Mao e a pianista e streamer Elesky. Sen dúbida, interesantes anticipos que animarán a moitos a acudir a cita para a que xa poden facerse cun billete en liña, custando 9 euros/dÃa ou 15 euros ambos dÃas.
- A pianista e streamer Elesky confirmou a súa visita a Vigo