Virtoo permite usar os móbiles de LG dende Windows 10

mércores, 3 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Aínda que a vinculación do smartphone co PC é algo que estamos afeitos a ver en smartphones de Samsung, dende LG non queren ser menos, e lanzan Virtoo, unha nova aplicación que podemos instalar no noso ordenador con Windows 10 e en smartphones de LG para establecer unha comunicación Bluetooth entre ambos dispositivos e así permitir o uso de funcións do smartphone dende o ordenador.
Entre as funcionalidades de Virtoo estarían a xestión de contactos, a realización de chamadas de voz, o uso da mensaxería de texto e incluso o uso remoto do escritorio do teléfono. Dende LG advirten de que non todas as funcións desta aplicación están dispoñibles para todos os seus smartphones, pero non detallan a relación de dispositivos que realmente poden aproveitar estas funcionalidades.

PUBLICIDADE