Vodafone inicia mañá as súas promocións de verán

mércores, 13 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Dá a impresión de que as agresivas novas tarifas de Yoigo están a provocar a reacción dos seus competidores, e Vodafone adianta as súas promocións de verán ao vindeiro 14 de xuño, dentro das que destaca a posibilidade de que por un cargo adicional ao mes as súas tarifas por talles gocen de chamadas ilimitadas (cunha duración máxima de 2 horas e a un máximo de 200 destinos ao mes). Os usuarios que teñan unha tarifa S ou @S pagarán 10 euros adicionais ao mes, mentres que as tarifas por talles superiores pagarán só un complemento de 5 euros para contar con esta promoción que durará ata o 31 de agosto.
Os clientes de tarifas de voz e datos por talles tamén contarán no mesmo período promocional con dobre de transferencia de datos ao mes, sendo esta vantaxe compatible coas chamadas ilimitadas.
As vantaxes para particulares tamén estarán dispoñibles para clientes profesionais cunha tarifa @ProAutónomo.
A alta nos bonos de chamadas ilimitadas pode facerse a través de Mi Vodafone, a través do 1444 ou remitindo un código curto ao *815#.

Os usuarios de tarifas por talles poderán adquirir bonos de chamadas ilimitadas por 5/10 euros ata o 31 de agosto