Vodafone mellorará a velocidade da súa fibra óptica no verán
luns, 7 de maio do 2018
Tras o
anuncio de que o
vindeiro 20 de maio Movistar fose a dobrar a velocidade das súas conexións de
fibra óptica domésticas era só cuestión de tempo que a competencia movese
ficha, e dende
ADSLzone anuncian en primicia (información
contrastada por Europa Press) que Vodafone dobrará a velocidade das
conexións inferiores a 1 Gbps o vindeiro verán, o que afectarÃa ás modalidades
de 50, 120 e 300 Mbps, que pasarÃan a ser de 100, 240 e 600 Mbps.
Pero Vodafone non serÃa a única compañÃa en seguir os pasos de Movistar, senón
que tamén Orange pretende facer algo semellante ao pasar as conexións de 50 a
100 Mbps, de 300 a 500 Mbps e de 500 Mbps a 1 Gbps.
Estas novas velocidades son especialmente interesantes polo feito de que agora
o chan da fibra óptica doméstica quedarÃa fixado nos 100 Mbps, velocidade de
moitas das redes de área local, de xeito que en moitos escenarios non se
distinguirá na práctica o traballo contra equipos locais que contra máquinas
remotas, favorecendo cada vez máis a creación de redes privadas virtuais e de
servizos na nube.
