Weave 0.2 permite sincronizar a información de Firefox entre varios equipos
xoves, 3 de xullo do 2008
Os usuarios que
empreguen o navegador Firefox en varios equipos, e queiran ter a mesma
información nos mesmos de xeito doado poden empregar Weave
0.2, unha aplicación que se integra no navegador e que fai unha
copia dos favoritos, o historial de navegación, as cookies, os contrasinais ou a información que introducimos en
formularios para poder sincronizala con outros navegadores de xeito automático.
Esta
información persoal viaxa pola Internet de xeito seguro (mediante
encriptación) e polo momento só ten unha serie de funcionalidades básicas,
agardándose que no futuro poida tamén sincronizar complementos, engadidos de
busca e outras funcións coas que poderÃa contar Firefox.
