WhatsApp chega á tenda de aplicación de Windows

xoves, 1 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Para facilitar o uso do cliente web de WhatsApp en equipos informáticos vén de estrearse na tenda de Windows 10 a aplicación WhatsApp Desktop, que vén a ser un simple xeito de encapsular WhatsApp Web para permitir a súa instalación no sistema operativo de Microsoft e, especialmente, en Windows 10 S, versión de Windows que só permite a instalación de aplicacións da tenda oficial en aras da seguridade do sistema.
A aplicación ten un tamaño que pode parecer excesivo (242,66 MB) e non ofrece vantaxes fronte ao uso dun atallo á versión web orixinal, mantendo as súas limitacións, xa que realmente estamos ante unha ferramenta que se conecta ao smartphone, que é onde se executa realmente a aplicación de WhatsApp e onde se almacenan as conversas, mantendo así a seguridade propia desta plataforma, na que as conversas están cifradas entre extremos.

PUBLICIDADE