WhatsApp estrea aplicación de escritorio (para Windows e Mac)
martes, 10 de maio do 2016
Unha das principais eivas de WhatsApp, o feito de que só pode
empregarse dende único dispositivo móbil no que se almacenan as comunicacións,
está a demostrar ser tamén unha fortaleza (xa que as nosas mensaxes non quedan
almacenadas nos servidores de WhatsApp, dificultando asà que un terceiro poida
acceder ás mesmas), pero ante a demanda dos usuarios de poder empregar esta
ferramenta dende o ordenador en xaneiro de
2015 estrearon unha curiosa versión web de WhatsApp que realmente trátase
dunha ponte á aplicación instalada no noso móbil, o que é unha solución
bastante intelixente na que agora avanzan transformándoa
nunha aplicación para Windows e OS X que xa podemos descargar de balde.
Deste xeito, agora temos unha aplicación de escritorio de WhatsApp, dende a que
poder acceder ás mensaxes que teñamos no móbil dende o ordenador, o que
facilita que cando esteamos na casa ou no traballo podamos contestar
rapidamente ás mensaxes valéndonos do teclado do ordenador, asà como tamén
facilita o envÃo de documentos que teñamos almacenados no ordenador (lembremos
que, aparte de vÃdeos e imaxes, actualmente WhatsApp tamén permite o envÃo de
documentos ofimáticos).
A nova aplicación, que mantén en esencia as funcionalidades de WhatsApp Web (incluÃndo
o feito de ter que ligar a aplicación ao móbil a través dun código QR), é
compatible con equipos que teñan como mÃnimo Windows 8 ou OS X 10.9, e ao executarse no ordenador
permite recibir notificacións no escritorio e tamén permite empregar combinacións
de teclas, entre outras cousas que fan atractivo o seu uso no escritorio
informático.
