WhatsApp incorpora melloras nas videochamadas
xoves, 13 de xuño do 2024
A función de chamada a través de WhatsApp leva evolucionando dende 2015, incorporando chamadas grupais, videochamadas e soporte multiplataforma, e agora a funcionalidade actualÃzase con importantes melloras que irán chegando paulatinamente nas vindeiras semanas.
As videochamadas grupais pasarán a soportar ata 32 participantes en todos os dispositivos; será posible compartir pantalla con audio (ideal para ver vÃdeos con outras persoas); e tamén chega a función de orador destacado (a persoa que fala destacarase de xeito automático e aparecerá primeira na pantalla).
Aparte disto, aseguran seguir a mellorar a calidade do son e do vÃdeo (como cando incorporaron o codificador MLow, que contribuÃu a evitar os ruÃdos e o eco), deixando claro a vocación desta ferramenta para substituÃr completamente á telefonÃa tradicional.
