Windows 7 Beta xa conta con 20 temas diferentes

xoves, 15 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Un dos temas de Windows 7 Beta adicionais

Os usuarios que se lanzaron a probar a versión de proba de Windows 7 e que estean xa aburridos da súa estética e do peixe betta do seu escritorio poden optar por cambiar de tema gráfico, grazas a que Microsoft xa ofrece 20 temas diferentes para modificar a aparencia do seu sistema operativo en preparación.
Inicialmente Windows 7 Beta inclúe 5 temas a elixir, pero na páxina web de personalización de Windows 7 que publica Microsoft temos accesibles outros 15 temas, que son unha interesante proposta, aínda que os usuarios sempre poden personalizar o seu escritorio segundo os seus gustos.

A noite de Toquio tamén pode adornar o escritorio de Windows 7 Beta