Windows Phone 8.1 estrea unha aplicación para a xestión do desvÃo de chamadas e a chamada en espera
luns, 29 de xuño do 2015
AÃnda que normalmente para a incorporación de novas opcións
de configuración dun terminal móbil hai que agardar á actualización do sistema
operativo, Windows Phone 8.1 está a estrear estes dÃas a aplicación
Call+, que en vez de presentarse como aplicación independente, engade unha
nova opción de configuración nos smartphones co sistema operativo de Microsoft
dende a que poder configurar a chamada en espera e desvÃo de chamadas, podendo
personalizar os números de teléfono aos que se remitirá á persoa que nos chama
segundo a situación (cando a liña está ocupada, cando non se responde á chamada
ou cando o teléfono non está dispoñible ou está fóra de cobertura).
Esta nova opción de configuración incluso é compatible con smartphones con dúas
tarxetas SIM, e parece ser unha proba para a segregación das opcións de chamada
en espera e desvÃo de chamadas de Red+, aplicación que actualmente xa
presentaba estas opcións.
