Windows XP trasvÃstese de Windows 7
venres, 20 de febreiro do 2009
Para os usuarios
máis ansiosos por facerse con Windows 7, pero que aÃnda non pasaran a Vista, os
peruanos de Miwradsoft lanzaron Seven Remix XP,
unha aplicación que cambia a aparencia de Windows XP dotándoa dunha estética
moi semellante á de Windows 7, e que é compatible con Windows XP/2003/Media
Center Edition e XP Tablet PC Edition en todas as súas versións internacionais
(aÃnda que incompatible coas versións de 64 bits).
A instalación desta aplicación non precisa de coñecementos avanzados (coma
outros métodos de modificación da aparencia do sistema operativo) e permite
configurar o nivel de semellanza a Windows 7 que se pretende lograr,
imitando a pantalla de carga, o menú de entrada de usuarios, os protectores de
pantalla, o tema do sistema e moitos outros detalles.
