WordPress Coruña amosará como crear de xeito sinxelo unha tenda en liña
mércores, 14 de xuño do 2023
Este xoves as instalacións
de WekCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña acollerá unha sesión do grupo de
Meetup de WordPress da Coruña titulada Aprende a
montar unha tenda online en 10 pasos, na que os asistentes poderán
aprender a montar unha tenda en liña dun xeito rápido e eficiente.
Será encargado desta actividade formativa o deseñador web Anxo Sánchez, quen en 45 minutos
amosará as ferramentas precisas para crear unha tenda en liña mÃnima viable, de
xeito que os asistentes poderán logo replicar o proceso para desenvolver o seu
negocio na Internet.
