Wordpress para Android permite amosar as estatÃsticas do noso blog nun widget
mércores, 18 de novembro do 2015
Para facilitar a publicación e administración de blogs
baseados en WordPress dende dispositivos móbiles existen aplicacións oficiais
bastante prácticas, que en cada revisión achegan novas prestacións atendendo ás
demandas dos seus usuarios, e esta ferramenta que facilita o control de
bitácoras de Internet baixo WordPress.com ou o CMS de WordPress.org chega
en Android á súa versión 4.7, que destaca por dúas novas funcionalidades:
un novo widget e maior control das notificacións.
O widget que estrea WordPress
4.7 para Android é o de estatÃsticas, de xeito que o usuario pode colocar
no menú do seu smartphone unha caixa que recolle as estatÃsticas do dÃa do seu
blog, na que figuran o número de visualizacións, visitantes, gústames e
comentarios, de xeito que non é preciso abrir a aplicación para coñecer esta
información actualizada a cada hora.
No que respecta ás notificacións, a aplicación ten un novo xeito de filtralas,
axilizando a súa localización, xa que agora poderán filtrarse por comentarios,
seguimentos, gústames e notificacións pendentes de ler, continuando a ser
posible a consulta de todos os tipos de notificación á vez.
Dende o equipo que desenvolve a aplicación lembran que este tipo de novidades
chegan normalmente de xeito anticipado aos seus beta testers, polo que recomendan aos máis ansiosos e curiosos a inscribirse na
súa Comunidade de Google+ para poder acceder ás versións de proba.

- As notificacións poden agora filtrarse por categorÃas
