X Xornadas de TecnoloxÃa para o docentes galegos
martes, 6 de abril do 2010
Os dÃas 23 e 24 de abril
celebraranse no IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela a X Xornadas de TecnoloxÃa de
Galicia, destinadas ao profesorado de TecnoloxÃa, que poderá inscribirse
ata o vindeiro 15 de abril ás 20:00 horas.
O evento céntrase en obradoiros, estando tamén aberto á exposición de proxectos
por parte dos distintos participantes, e solicitou a homologación das Xornadas
á ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas.
A actividade é de balde para os socios da Asociación do Profesorado de
TecnoloxÃa de Galicia (APETEGA), tendo que pagar os non socios 60 euros
(cantidade superior á cota de alta na Asociación ou da cota de renovación
anual, polo que supón un interesante incentivo para a afiliación á APETEGA).
O programa das Xornadas
divÃdese en 2 dÃas, comezando o venres 23 de abril coas seguintes actividades:
10:00 – Visita didáctica: Os
tellados da Catedral
12:00 – Visita didáctica: Instalacións de Blu:sens (15 prazas) e da TVG (30
prazas)
14:15 – Xantar
16:00 – Comezo das Xornadas: Inscrición e entrega de material aos participantes
16:30 – Conferencia inaugural: Seguridade
na Rede, de José Souto Calvelo
18:00 – Obradoiros (1ª quenda)
20:00 – Conferencia de José Negreira Chaves (Televés)
22:30 – Cea
O sábado 24 a programación quedarÃa do seguinte xeito:
10:00 – Obradoiros (2ª quenda)
12:00 – Obradoiros (3ª quenda)
13:30 – Asemblea de APETEGA
14:15 – Xantar
16:00 – Obradoiros (4ª quenda)
18:15 – Obradoiros (5ª quenda)
20:30 – Clausura das Xornadas
