X denuncia un «boicot ilegal» de grandes anunciantes
mércores, 7 de agosto do 2024
- Yaccarino denuncia o boicot dos anunciantes nun vÃdeo publicado en X
Tras a compra de Twitter por parte de Elon Musk produciuse un descontrol na moderación de contido na plataforma e a proliferación de discursos de odio e outros tipos de contido cos que as marcas non querÃan ter ningún tipo de asociación para evitar que danase a súa reputación, polo que cancelaron masivamente as súas campañas publicitarias en X.
O nomeamento de Linda Yaccarino como directora xeral da compañÃa, como unha medida para tranquilizar aos anunciantes, non rematou de funcionar, principalmente porque a meirande parte das súas promesas e afirmacións non estaban na liña do que aseguraba en paralelo Elon Musk, provocando unha grande desconfianza á que veñen de responder do xeito máis absurdo que poderiamos imaxinar: denunciando aos anunciantes por facer boicot ás compañÃas coas que non queren ligar a súa imaxe.
Yaccarino fai responsables aos anunciantes que non gastan cartos en X de privar aos cidadáns da praza pública global que promete ser a plataforma, como se fose a súa obriga financiar iniciativas empresariais privadas autoproclamadas salvadoras da humanidade.
Concretamente X presentou unha demanda antimonopolio contra a GARM, a WFA, CVS Health, Mars, Orsted e Unilever, considerando que «o comportamento ilegal destas organizacións e os seus executivos custou a X milleiros de millóns de dólares» e insistindo na ilegalidade de que os anunciantes decidan onde queren publicar as súas campañas publicitarias. Tamén sorprende que X tome accións legais contra GARM cando se incorporou a tal organismo hai pouco máis dun mes conscientes de que o seu obxectivo fundacional é «axudar á industria a abordar o desafÃo do contido prexudicial ou ilegal nas plataformas dixitais e a súa monetización a través da publicidade».
Pola súa banda Elon Musk di que «isto é a guerra», argumentando que «tentamos ser amables durante 2 anos e non obtivemos máis que palabras baleiras», o que resulta bastante rechamante se temos en conta que foi o propio Musk quen o pasado novembro dixo publicamente que se fodesen.
Haberá que ver como se xustifica esta actuación xudicial, pois é de esperar que teña menos percorrido que a primeira denuncia de Elon Musk a OpenAI (que denunciaba o incumprimento dun contrato inexistente), dando a impresión de que X só busca presionar aos anunciantes para volvan contratar publicidade na plataforma.