XGN Intermax abre a súa preinscrición
xoves, 3 de outubro do 2024
A LAN Party que cada ano xunta en Silleda a centos de afeccionados á informática e a cultura dixital que na súa vindeira edición muda de nome polo de XGN Intermax, vén de abrir as súas presinscricións, de xeito que os interesados en acudir co seu propio ordenador ao evento poden reservar a súa praza de xeito anticipado, comezando o proceso de reserva formal o vindeiro dÃa 10 ás 10:00 horas. O prezo para poder participar na festa informática con dereito a un posto con toma de corrente e conexión á Internet é de 40 euros.
A nova edición de XGN Intermax terá lugar entre os dÃas 1 e 3 de novembro, no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda, e aÃnda que o programa de actividades non está publicado, pódese anticipar que contará con torneos de videoxogos e moitas outras actividades relativas ao hardware, a arte dixital e o software libre, das que irán dando detalles nas vindeiras semanas.
