XNA Game Studio 2.0 permite facer xogos multixogador en liña para Xbox 360 e Windows de xeito doado

venres, 14 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Microsoft vén de lanzar unha nova versión do XNA Game Studio, a plataforma de desenvolvemento de xogos para Windows e Xbox 360 que nesta ocasión inclúe novas características entre as que destaca a posibilidade de creación de xogos en liña multixogador que mesmo permite competir simultaneamente a usuarios de Xbox 360 e Windows a través de Xbox LIVE e LIVE Games para Windows.
O XNA Game Studio 2.0 abre a posibilidade de crear xogos LIVE de xeito moi doado, que en moitos casos non precisa da escritura de ningunha liña de código. Para animar ós usuarios a publicar as súas creacións con esta ferramenta, Microsoft inicia a competición Dream-Build-Play 2008 que aceptará inscricións ata o 27 de xaneiro de 2008 e repartirá interesantes premios.