Xa podemos descargar a versión final do Firefox 3.5

martes, 30 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Despois duns días con varias realeases candidate chega a versión definitiva do Firefox 3.5, sen novidades con respecto das versións de proba, pero supondo un importante salto dende o Firefox 3, polo que é moi recomendable a súa instalación, xa que aparte das habituais actualizacións de seguridade, a nova entrega do navegador web de Mozilla inclúe un modo de navegación privada (permite facer esquecer unha páxina web ao seu historial), fai uso dos estándares web para a xeolocalización, soporta HTML 5 (reproduce vídeo Ogg Theora e audio Vorbis de xeito nativo) e especialmente mellora a súa velocidade de xeito importante, converténdose no Firefox máis rápido que vimos nunca á hora de correr javascript.

Resultados das probas SunSpider nun equipo con Windows XP e distintas versións do Firefox

No momento de escribir estas liñas a nova versión do Firefox xa acumularía 1,5 millóns de descargas, a razón de máis de 4.000 por minuto (podemos consultar as súas descargas en tempo real) sendo España o 9º país en volume de descargas, parecendo difícil que poida superar os 8 millóns de descargas en 24 horas que fixera o Firefox 3 grazas a unha intensa campaña publicitaria (pois pretendían establecer un record Guinness).


Presentación das novidades do Firefox 3.5

PUBLICIDADE