Xa se pode descargar a versión de proba de Second Life Mobile
martes, 3 de xuño do 2008
Vollee está a
traballar no desenvolvemento dunha
versión de Second Life para o teléfono móbil, e os usuarios de certos terminais
de HTC, LG, Motorola, Nokia, Pantech, Samsung, Sanyo e Sony-Ericsson poden xa descargar a versión de proba
do mesmo, que sorprende por unha boa calidade de imaxe acadada grazas ao uso de
streaming 3G ou Wi-Fi.
A aplicación Java de Second Life
Mobile funciona é de balde, permite coñecer cando os nosos amigos
están en liña, deixa visitar calquera lugar de Second Life e funciona en máis de
40 terminais.
A versión móbil de Second Life non precisa que o terminal telefónico sexa capaz
de mover complexos gráficos 3D (tal tarefa a procesa o servidor remoto) e a
experiencia de uso é bastante semellante á do uso no PC, pero limitándose ao
pequeno tamaño da pantalla dos móbiles e a unha interface de texto moito máis
limitada, pero que achega a mobilidade coma principal vantaxe.
|
|
