Xa se pode descargar o AVG Anti-Virus Free Edition 8.0

venres, 25 de abril do 2008 Marcus Fernández

O popular antivirus AVG estreou a súa versión 8.0 o pasado mes de febreiro e esta semana libera tamén a actualización da súa versión de balde, polo que xa se pode descargar o AVG Anti-Virus Free Edition 8, que nesta ocasión aparte de protección contra virus tamén inclúe filtros contra o spyware.
A aplicación de AVG permite ter o noso equipo protexido de virus, troianos, spyware e mesmo páxinas web perigosas, per non inclúe protección contra rootkits, correo lixo e ataques a través da mensaxería instantánea, extras que precisan da adquisición da versión de pago do produto.
A versión gratuíta do AVG Anti-Virus sería a aplicación deste tipo máis utilizada do mundo, con 70 millóns de usuarios, superando a alternativa como a de Avast! que xa chegou aos 50 millóns de usuarios.