Xa se pode descargar o Internet Explorer 7 en español
xoves, 2 de novembro do 2006
O pasado 19 de outubro falamos do lanzamento da versión definitiva do Internet Explorer 7, pero tratábase da versión en inglés do programa, pero dende as últimas hora xa está dispoñible a versión en español do último navegador de Microsoft que incorpora numerosas novidades que viñan a ser demandadas polos usuarios dende o lanzamento da anterior versión do Explorer hai xa 5 anos.
AsÃ, a partires de agora os usuarios do Internet Explorer poderán gozar do novo deseño gráfico do programa que dá máis importancia ós contidos que á interface do navegador, e destaca especialmente por incorporar fichas, que permiten abrir distintas páxinas web nunha mesma fiestra do navegador, o que resulta moito máis práctico para os usuarios.
Ademais, tamén se incorporou un sistema de lectura de fluxos RSS para achegar novas de multitude de fontes (entres as que destacan os blogs) e un sistema de protección contra o phishing, que detecta se unha páxina que esteamos a visitar está intentando suplantar á nosa entidade bancaria para roubarnos os cartos (ou os contrasinais a algún servizo en liña).
A fiestra do navegador tamén incorpora un xeito doado de acceder ós servizos de busca que hai na Internet, pois inclúe unha casiña para introducir os criterios que desexemos para realizar as nosas pescudas, que pode empregar tanto servizos coma Windows Live, Yahoo! ou Google para amosar os resultados.
Temos asà que con esta nova versión do navegador de Microsoft, a distancia en prestacións co outros programas alternativos coma o Mozilla Firefox se acurta, tendo un navegador moi semellante ó Firefox, pero baixo o amparo de Microsoft.
Outro dos detalles que darán moito que falar do IE7 será o soporte de dominios internacionalizados, o que fará posible o emprego de tiles e eñes nos dominios de Internet e que en 2007 se aplicará tamén ós .es, de xeito que se poderÃa evitar asà unha discriminación lingüÃstica que na Rede se traducÃa na deturpación de toponimias e nomes de marcas.
