Xornada en Compostela sobre o impacto das TIC no Xornalismo
mércores, 26 de novembro do 2008
Durante
a mañá do xoves se celebra no Hotel Puerta
del Caminio de Santiago de Compostela unha xornada organizada polo Colexio
Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) que busca abordar O impacto das TIC no
Exercicio do Xornalismo orientando 4 relatorios e unha mesa
redonda a un público estudantil ou involucrado no sector da comunicación.
O xornalista e blogueiro Jesús Miguel López Vivar abrirá falando da
evanxelización nos novos medios e irá seguido do profesor da USB Manuel Gago
Mariño, quen ilustrará aos presentes sobre a aprendizaxe das TIC coma paso
previo á cultura de rede. Pedro GarcÃa-Alonso abordará o tema das TIC na
formación de ciberxornalistas, e José Pereira Fariña falará das plataformas de
xestión de contidos.
O programa
da xornada se completará cunha mesa redonda na que Carlos Agulló (La
Voz de Galicia), Roberto Noguerol (Vieiros), Juan Castro RodrÃguez
(Galiciae.com) e Juan Varela (Mediathink Consultores) contrastarán opinións
sobre o reto dos xornalistas dixitais.