Xuventude Galicia Net remata a súa 12ª edición cunha alta participación
luns, 18 de abril do 2011
A XII edición de Xuventude
Galicia Net pechou o pasado domingo pola tarde as súas portas cunha alta
participación tanto na LAN Party como na programación aberta ao público. As
actividades ligadas á formación, que este ano constituÃron a gran novidade do
maior encontro tecnolóxico da comunidade autónoma, tamén acadaron un gran
éxito.
Máis de 1.200 mozos e mozas inscribÃronse ao evento que se celebrou durante
toda a fin de semana no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago,
aos que se sumaron as máis de 6.000 persoas que participaron nas actividades de
acceso libre, polo que este ano se consolida a aposta da ConsellerÃa de
Traballo e Benestar de abrir por segunda vez Xuventude Galicia Net ao público
en xeral.
A aposta que a ConsellerÃa de Traballo e Benestar fixo este ano pola
formación tamén tivo unha gran resposta de participación nas 40 charlas e
obradoiros que se desenvolveron. Nesta edición calquera persoa tivo a
oportunidade de anotarse ás actividades formativas de balde (anteriormente só
podÃan participar os mozos e mozas inscritos previamente no evento).

- Algunhas das actividades que tiña lugar no Palacio de Congresos non precisaban do uso do ordenador
O programa complementario da XGN congregou a centos de persoas nos eventos
paralelos á LAN Party, que contou, ademais das charlas formativas, con
obradoiros prácticos de diversa tipoloxÃa, graffiti ou xogos de rol. Centos de
persoas participaron no paintball,
acudiron á proxección da pelÃcula e a noite do sábado gozaron dun concerto de
hip-hop. Como novidade nesta edición tamén realizáronse cursos de defensa
persoal, xogo do pau e esgrima antiga europea.
Dentro do encontro, destacaron os campionatos de xogos para PC como o de
Counter Strike 1.6, League of Legends, Super Street Fighter 4, ProEvolution
Soccer. Tamén tiveron lugar competicións de lanzamento de CD, air guitar ou dobraxe, entre outras.

- O director xeral de Xuventude e Voluntariado participou no programa Banda Ancha da Radio Galega que nesta ocasión realizouse dende o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Programa da Radio Galega
Durante a xornada
do sábado a Radio Galega emitiu o seu programa de tecnoloxÃa Banda Ancha, conducido por Xosé MarÃa
Fernández Pazos, quen contou coa colaboración de Raquel Noya, Carlos Ballesteros, Modesto Pena e Marcus Fernández nunha entrega especial do programa dende o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia que comezou falando co blogueiro David Serantes sobre as bondades do iPad 2 e a aplicación Evernote (sobre a que Serantes impartira un relatorio o dÃa anterior) ; ao que seguiu unha entrevista con Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude e Voluntariado, para comentar a presente edición de Xuventude Galicia Net.
Podemos escoitar o programa de radio a continuación:

- O blogueiro David Serantes visitou o programa Banda Ancha armado co seu iPad 2
Sorteo de Blusens
Durante a celebración de Xuventude Galicia Net dende Código Cero
organizamos coa empresa galega de electrónica de consumo Blusens un sorteo de 3
dispositivos web:tv que contou coa participación de máis de 250 participantes
inscritos no foro de desenvolvedores de Blusens, resultando gañadores o que
empregaban como identificadores no devandito foro Josete, christianoliveira e
Cabo.

- O director de Código Cero, Xosé MarÃa Fernández Pazos, facendo entrega dun web:tv a Christian Oliveira</A>

- Un dos xogos en rede máis empregado durante o XGN foi o League of Legends

- Moitos dos participantes no encontro acudiron con equipos informáticos que eran todo un exemplo de modding

- Moitos asistentes levaron a súa experiencia doméstica de lecer electrónico ao cerne do XGN

- XGN celebrouse a pasada fin de semana no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
