YouTube prepara unha aplicación de realidade virtual para PC

venres, 15 de decembro do 2017 Marcus Fernández

En YouTube hai numerosos contidos de vídeo en 360 graos, que para gozalos en cascos de realidade virtual de ordenador actualmente precisan de procesos incómodos como descargar as películas para poder gozalas de xeito envolvente a través dun reprodutor de vídeo de 360 graos, e para facilitar todo iso en sistemas informáticos vén de chegar a Steam a aplicación YouTube VR, polo momento como acceso anticipado, permitindo así que os usuarios de HTC Vive poda probar esta ferramenta durante o seu desenvolvemento.
YouTube VR transforma YouTube nun mundo tridimensional que explorar, resultando especialmente interesante o seu uso con vídeos envolventes (tanto de 360 como de 180 graos), e unha vez que o produto sexa debidamente probado, a súa versión definitiva non se limitará a HTC Vive, senón que tamén podería estar dispoñible no resto de solucións de realidade virtual para PC compatibles con Steam (entendéndose que botan a andar nunha única plataforma para facilitar a depuración da ferramenta).
Neste momento a aplicación aínda está nunha fase pouco madura, principalmente no que se refire aos erros que presenta, con numerosos usuarios que nin sequera poden usala porque péchase ao inicio.

PUBLICIDADE