Zoom estrea aplicación para Meta Quest

mércores, 9 de xullo do 2025 Marcus Fernández

Dende hoxe está dispoñible a aplicación de Zoom para Meta Quest, que permite organizar e participar en videoconferencias directamente desde o visor de realidade virtual Meta Quest. Esta nova aplicación pódese descargar de balde e funciona coas contas de Zoom existentes.
Esta versión de Zoom foi deseñada como unha extensión inmersiva da aplicación que moitos xa usan en móbiles ou ordenadores, agora adaptada á realidade virtual. Os usuarios poden optar por unha experiencia completamente inmersiva para centrarse na conversa, ou activar o modo passthrough para manter a visión do seu contorno físico mentres participan nunha xuntanza. Dentro das videoconferencias, os participantes con Meta Quest aparecerán como avatares, mentres que os usuarios das versións de escritorio, móbil ou web seguirán a utilizar vídeo convencional.