startTIC dará a coñecer os gañadores do seu desafÃo nunha xornada en Pontevedra
venres, 13 de marzo do 2026
O proxecto startTIC, incubadora de alta tecnoloxÃa impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e VilagarcÃa de Arousa e o Centro Tecnolóxico Gradiant, presentará na sede cameral de Pontevedra os proxectos que optan á convocatoria Challenge-Based Social Innovation, integrada na súa liña estratéxica de Innovación Social e TecnoloxÃa para Galicia.
Esta convocatoria ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a dar resposta a desafÃos sociais reais, promovendo a colaboración entre entidades do ámbito social e o ecosistema tecnolóxico galego. Asà mesmo, busca fortalecer iniciativas innovadoras con impacto social e territorial na comunidade.
Durante o evento, coa fórmula de Demo Day, daranse a coñecer os proxectos presentados a esta edición da convocatoria e, entre eles, seleccionaranse as iniciativas que serán recoñecidas no marco desta iniciativa.
A xornada será o luns 16 de marzo de 2026, desde as 10.00 horas, na sede pontevedresa da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e VilagarcÃa (no 54 da rúa RosalÃa de Castro, en Pontevedra).
Na inauguración, ás 10.00 horas, intervirán AgustÃn Reguera, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, e Eduardo Barros, vicepresidente terceiro da Cámara PVV. A partir das 12.00 horas, celebrarase a entrega de premios e a clausura, coa presenza de David Regades, delegado do Estado no Consorcio Zona Franca Vigo, LucÃa Pedroso, vogal da Cámara PVV, e Fernando Jiménez, xerente de Gradiant.
Esta iniciativa pertence á Incubadora de alta tecnoloxÃa startTIC de impulso ao sector TIC, cofinanciada ao 60% polo Fondo FEDER no Programa Plurirrexional de España 2021-2027, dentro do proxecto Infraestruturas destinadas a Incubadoras de Alta TecnoloxÃa, impulsado pola Fundación INCYDE.
