20 mozos galegos poderán beneficiarse do programa Yuzz
luns, 14 de decembro do 2015
A ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria apoiará
a VII edición do programa Yuzz para impulsar o talento da mocidade galega
que conta con ideas innovadoras. Esta iniciativa está coordinada polo Centro
Internacional Santander Emprendemento (CISE) co mecenado do Banco Santander, a
través de Santander Universidades, e conta, ademais da colaboración da Xunta,
coa da Universidade de Santiago.
O prazo para remitir as solicitudes a este programa remata
mañá. Os interesados poden presentar as súas candidaturas a través do formulario dispoñible na páxina web do
programa. Nesta edición, convócanse 20 prazas para Santiago. Polo tanto,
Yuzz ofrecerá formación, apoio e asesoramento a 20 mozos e mozas de entre 18 e 31
anos no centro de alto rendemento, emprazado no edificio Emprendia Campus Vida
s/n, onde contarán cun espazo fÃsico para desenvolver a súa idea, ao tempo que
poderán relacionarse con outros emprendedores, recibir formación impartida por
expertos profesionais e ser asesorados por titores individuais. En concreto,
reciben esta formación, apoio e asesoramento ao longo de 5 meses para elaborar
plans de negocio baseados en ideas de base tecnolóxica.
O mellor emprendedor do Centro Yuzz Santiago ganará unha viaxe
a Silicon Valley, onde se lle brindará acceso a foros de financiamento,
asesoramento en internacionalización e contacto con investidores. Ao seu
retorno, poderá competir cos mellores proxectos nacionais para acelerar o
desenvolvemento do seu negocio. Haberá premios de 30.000, 20.000 e 10.000
euros.
Ademais, este ano, como novidade, haberá un galardón novo, Yuzz Muller, que se convoca co apoio da
Fundación EY e polo que se concederán 20.000 euros ao mellor proxecto liderado
por unha das mulleres participantes en Yuzz.
Nas edición anteriores creáronse máis de 500 empresas e no
último ano participaron 900 emprendedores con 710 proxectos en 41 centros Yuzz
de toda España. O centro de Santiago acadou o primeiro premio nacional dotado
con 30.000 euros na edición VI co proxecto Situm e o segundo premio nacional
dotado con 20.000 euros co proxecto Loar.
