3 millóns de sinaturas para pedir o cambio do canon dixital
mércores, 20 de maio do 2009
- Representantes da plataforma Todos contra el canon nunha fotografÃa publicada por El Mundo
A plataforma Todos contra el canon rexistrou hoxe no Congreso dos Deputados
un escrito
asinado por 3 millóns de cidadáns solicitando que se debata unha proposta
de solución «máis xusta e equitativa para
compensar aos actores pola copia privada que se fai das súas obras». O
texto vai acompañado por unha proposta de solución ao canon dixital que pasarÃa
por «aplicar directamente a
compensación do dereito de copia privada sobre a obra que o xera», o
que beneficiarÃa tanto a cidadáns como a creadores, sen vulnerar os dereitos
destes colectivos.
O canon dixital non só introduce un
sobre custo en equipos e soportes (que nalgún caso supera o 50% do prezo do
produto ao que se impón), senón que a súa aplicación na Unión Europea non é
uniforme, e conta con casos nos que é claramente inxusto (como no seu cobro
tanto para compañÃa audiovisuais que gravan contidos propios como para uso
profesionais nos que os soportes nunca se empregan para o almacenamento de
contidos audiovisuais).
Dende a plataforma tamén aseguran que o regulamento actual do canon dixital «prexudica a máis do 97% dos autores e
creadores, que pagan máis que a compensación que reciben a cambio».