441.000 euros para que as microempresas dinamicen o rural mediante as TIC
martes, 18 de marzo do 2014
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria
das subvencións da ConsellerÃa do Medio Rural e do Mar para a dinamización das
áreas rurais de Galicia por parte de microempresas a través do uso das TIC,
co financiadas co Fondo Europeo AgrÃcola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no
marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 e que son
xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Esta axencia
é o instrumento básico de actuación da Xunta no medio rural, á que lle
corresponden as funcións de fomento e coordinación do desenvolvemento do rural
galego para mellorar as condicións de vida e evitar no posible o despoboamento
deste territorio.
Estas axudas están destinadas á implantación de equipamento
fÃsico (hardware) e aplicacións informáticas (software), para que as
microempresas aproveiten as TIC xunto co acceso a Internet de calidade, no seu
proceso de negocio. Estas subvencións enmárcanse no convenio subscrito entre a
ConsellerÃa do Medio Rural e do Mar e a Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para facilitar o acceso a internet vÃa satélite
dentro das actuacións do Plan de Banda Larga de Galicia e promover o uso das
TIC entre as microempresas do rural.
As axudas poden chegar ata un máximo do 50% dos
investimentos subvencionables, e ata un máximo de 30.000 € de subvención por
beneficiario, sendo 4.000 € o investimento mÃnimo esixido, estando dotado o
programa cun total de 441.000 euros.