81 das actividades recentes do Consello da Cultura leváronse a cabo na contorna virtual
venres, 16 de abril do 2021
O
Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou este 15 de abril unha
sesión plenaria ordinaria na que a presidenta, Rosario Álvarez,
debullou a acción institucional no primeiro trimestre do ano.
Segundo
fixo saber, a tempada pasará á historia polos importantes avances
que fixo a entidade no ámbito dixital, onde fortaleceu a súa
presenza. Fíxoo en parte pola marcada tendencia do CCG a
transformar tecnoloxicamente todo o seu tecido de comunicación e
divulgación, senón tamén polas complexidades do contexto actual,
que serviron para dar folgos a múltiples procesos de dixitalización.
Segundo fixo saber Rosario Álvarez, no dito tempo programáronse 88
actividades, realizadas na súa maioría a través do sistema dixital
da institución.
Así,
entre xaneiro e abril organizáronse máis de cen conferencias
agrupadas en quince xornadas, catro produtos audiovisuais, 47
actividades en web entre epístolas, roteiros, entradas
biobibliográficas, etc., ao tempo que se elaboraron diferentes
produtos como a videocreación do Día da Poesía ou a
ficción sonora en formato podcast de La Lindona de Galicia
sobre un texto pouco coñecido do Século de Ouro español.
No
pleno engadiuse que a natureza das 88 actividades foi “de natureza
moi variada”.
Comezaron
coa exposición Afonso X e Galicia, que buscou explorar a
faceta menos coñecida do Rei Sabio e remataron nunha xornada sobre a
pegada en Galicia da II Guerra Mundial e proseguiron con O
equilibrio dos extremos, unha vídeo-creación encargada co gallo
do Día da Poesía coa que a institución fusionou a voz poética de
Xela Arias coa de novas voces da poesía galega.
O
documental O principio do mundo de Julio Camba centrouse na
etapa inicial e menos coñecida do xornalista.
No
Día Mundial do Teatro realizouse a adaptación en formato podcast
de La Lindona de Galicia, unha descoñecida comedia do Século
de Ouro. Ademais, programouse unha nova edición do ciclo de cinema
Olladas de muller, que tivo un formato máis reducido cunha
única proxección diaria e que incorporou varias estreas.
Como
dixemos, a actividade deste trimestre estivo moi condicionada pola
situación sanitaria actual, que motivou que 81 das 88 actividades se
desenvolvesen nun contorno virtual e só 7 presenciais. Entre elas
destaca a presentación da programación do CCG para o Día das
Letras Galegas, con accións que van máis ala do 17 de maio e fiel á
súa liña habitual: un concerto (16 de maio no Auditorio Mar de
Vigo), unha publicación (¡Non te amola!) e un
espazo web, do que falamos os días pasados dende Código Cero.