A AMTEGA colabora co proxecto de software libre Ansible
xoves, 4 de xaneiro do 2018

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
colabora
co proxecto de software libre Ansible a través da publicación de
código que permite a automatización da configuración e despregue de diversos
servizos en infraestruturas TIC.
Para favorecer e incrementar a visibilidade e reusabilidade do código liberado
optouse por contribuÃr ao proxecto Ansible publicándoo seguindo as
pautas e protocolos de colaboración da propia comunidade. AsÃ,
publicáronse os compoñentes liberados na plataforma da comunidade Ansible,
denominada Galaxy. Seguindo o procedemento de liberación de software
da Xunta de Galicia tamén publicouse o código fonte
liberado a través do repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia.
Ansible, ferramenta de automatización de infraestruturas TI
Ansible é unha tecnoloxÃa de automatización que permite
mellorar os procesos necesarios na xestión dunha infraestrutura de tecnoloxÃa
da información. Actualizar a configuración de varios equipos ao mesmo tempo,
instalar unha aplicación en todos eles á vez, ou despregar un novo conxunto de
servidores coa mesma configuración, son algunhas das vantaxes que nos ofrece
esta tecnoloxÃa.
Os denominados Roles de Ansible son pequenos proxectos que
permiten automatizar a realización de varias destas accións de xeito combinado.
Podemos entendelos como unha receita onde están definidos todos os pasos que
hai que facer para automatizar calquera tarefa. Unha vez que está definida esta
receita (o que o proxecto Ansible denomina Rol), esta pode ser aplicada a
través da rede a un grupo de equipos ou servidores, tanto nunha rede local como
a través de Internet.
No marco deste proxecto de liberación, todos os novos roles que se
vaian definindo na AMTEGA e que poidan ser de interese para calquera outra
administración, entidade ou particulares, serán tamén publicados seguindo o
mesmo protocolo, fomentando a súa reutilización e a colaboración con este
importante proxecto de software libre.
Galaxy, a plataforma oficial da comunidade Ansible para compartir Roles
A comunidade de usuarios e desenvolvedores oficial do
proxecto Ansible articúlase a través da plataforma Galaxy, un
portal web a través do cal se comparten Roles, publicados baixo licenza
libre. Deste xeito calquera que queira compartir a súa receita creada con Ansible
pode subila a este portal para que outros poidan empregala.
Neste portal, a AMTEGA está publicando varios destes Roles, liberados
baixo unha licenza de software libre e seguindo as recomendacións e boas
prácticas da comunidade en canto á organización dos mesmos, a fin de que poidan
ser de utilidade e favorecendo asà a súa reutilización.
Conta oficial da AMTEGA en GitHub
Adicionalmente a esta colaboración co proxecto Ansible, a
AMTEGA estrea conta oficial no repositorio
de proxectos colaborativos GitHub. Esta plataforma é ben coñecida
entre os desenvolvedores de software libre xa que é unha das máis empregadas
para desenvolver este tipo de proxectos de xeito público para que todo o mundo
poida ter acceso ao código fonte dos mesmos e colaborar.
Deste xeito poténciase a presenza dos proxectos de software publicados como
Software Libre pola Xunta de Galicia, facilitando a súa reutilización e as
posibilidades de colaboración nos mesmos por parte doutras entidades ou
administracións.
