A Administración preto de ti achegará os servizos da DXT aos concellos de menor poboación
luns, 19 de xuño do 2023
O programa A
Administración preto de
ti, do Ministerio de PolÃtica
Territorial, forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e
Resiliencia, e ten como obxectivo achegar a
Administración Xeral do Estado (AGE) ao territorio e facilitar á
cidadanÃa que vive no medio rural o acceso aos servizos públicos
sen necesidade de desprazarse a outras localidades, isto é:
informar, formar e axudar ás persoas dos municipios de menor
poboación na súa relación cos servizos públicos e co reto de
facelo no seu lugar de residencia. Deste xeito, persoal das
subdelegacións do Goberno desprázase a concellos de até 8.000
habitantes para informar á cidadanÃa dos trámites que pode
realizar dende a súa casa e amosarlles a facer estas xestións de
maneira dixital.
Como novidade dentro deste programa, o Goberno anuncia que engadirá
os servizos da Dirección Xeral de Tráfico aos procedementos que
achega á poboación dos pequenos concellos. Este programa de
formación cidadá achegaba até agora asesoramento sobre os
procedementos electrónicos da Administración Xeral do Estado, a
Seguridade Social e o Servizo Público de Emprego (SEPE). Agora tamén
se incorporan os trámites que xestiona a DXT relacionados, por
exemplo, con: permisos de circulación ou coa propiedade de
vehÃculos, incluÃndo operacións de duplicado de permisos de
circulación, baixas, cambios de enderezo e transferencias entre
particulares, incluÃdos vehÃculos agrÃcolas.
A Delegación do Goberno en Galicia e as catro subdelegacións
provinciais xa traballan na segunda fase do programa A
Administración preto de ti, con actividades presenciais,
nas que persoal dos distintos servizos explica como relacionarse
dixitalmente coa Administración Xeral do Estado, a Seguridade
Social, o SEPE e, agora, Tráfico. Nestas sesións, a cidadanÃa
poder obter o certificado dixital imprescindÃbel para a
identificación electrónica ante a Administración e aprender a
empregalo para as súas xestións máis habituais.
Durante estas semanas, as subdelegacións do Goberno están a
trasladar aos concellos de poboación inferior a 8.000 habitantes de
Galicia a posta en marcha da segunda fase deste programa. A
participación dos concellos na mesma esixe a súa adhesión previa
ao convenio marco asinado entre o Ministerio de PolÃtica Territorial
e a Federación Española de Municipios e Provincias.
Engadir que o dito programa forma parte do Plan de Recuperación,
Transformación en Resiliencia, e ten como obxectivo achegar a Administración Xeral do
Estado (AGE) ao territorio e facilitar á cidadanÃa que vive no
medio rural o acceso aos servizos públicos sen necesidade de
desprazarse a outras localidades.
Na primeira fase, rematada no mes de marzo, o programa chegou a 239
concellos de Galicia con sesións formativas ás que asistiron 4.200
persoas. Nestas sesións tramitáronse 4.057 certificados dixitais ás
persoas convocadas. O persoal que se encargou destas sesións
percorreu máis de 24.600 quilómetros para achegarse aos concellos
seleccionados.