A Aula CeMIT de Boiro amplía a súa oferta formativa no mes de marzo

venres, 27 de febreiro do 2026 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro continúa a proposta formativa en novas tecnoloxías para o mes de marzo de 2026, no que ofrecerá novas actividades de capacitación tecnolóxica ao servizo da veciñanza.
As inscricións para participar nos cursos están abertas e poden facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.
No programa formativo do mes de marzo atopase un curso sobre Manexo da nube de Google, que se vai desenvolver do 2 ao 5 de marzo en horario de 10.00 a 12.30 horas; tamén Ferramentas en liña (básico) que se levará a cabo os días 11 e 12 de 10.00 a 12.30 horas; e Procesador de textos (Writer) os días 16, 17, 18, 25 e 26 de 10.00 a 12.00 horas.
Toda a formación é gratuíta e presencial na Aula CeMIT, situada no Centro Social de Boiro.