A Cámara da Coruña achega novos cursos TIC para impulsar a empregabilidade da mocidade
martes, 12 de setembro do 2023
No
mes
de setembro comezarán 10 cursos da Cámara de Comercio da Coruña,
nas modalidades presencial e en liña, cursos que aínda teñen
aberto o prazo de inscrición. Trátase dunha serie de actividades
subvencionadas ao 100% entre o fondo social europeo e a entidade
cameral. O seu obxectivo é fomentar a empregabilidade da xente nova
rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ao tempo que se
responden ás necesidades reais e urxentes das empresas.
Para
facilitar o acceso a esta formación, a Cámara ofrece a opción de
acceder a estas formacións de forma presencial ou online.
Así, no mes de setembro darán comezo dez actividades. As que se van
desenvolver en formato de teleformación serán a de inglés (A2, B1,
B2 e C1, 300 h, con inicio o 20 de setembro), a de xestión de
proxectos con BIM, Revit e Navisworks (curso de 250 horas con inicio
o 21 de setembro) e a de análise de datos e ferramentas avanzadas de
Microsoft Excel (250 h, con comezo fixado para o día 25 de
setembro).
No
capítulo de cursos presenciais, estes son os cursos que se ofrecen:
•
Deseño e creación de videoxogos (180 h): inicio o 18/09/2023
•
Persoal de apoio para xestoría (180 h): inicio o 18/09/2023
•
Mercadotecnia (marketing) e comunicación (180 h): inicio o
18/09/2023
•
Mercado da moda (180 h): inicio o 18/09/2023
•
Auxiliar de reposición e venda en gran superficie (210 h), con 100 h
de prácticas en empresas: inicio o 18/09/2023
•
PRL no sector da construción (180 h), en colaboración con APECCO:
inicio o 20/09/2023
•
Microsoft Office (180 h): inicio o 26/09/2023
O
Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) é un dos
instrumentos artellados en España polo Programa Operativo de Emprego
Xuvenil 2014-2020 do Fondo Social Europeo para apoiar a redución da
taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e
empregabilidade e promovendo o autoemprego.