A Cámara de Santiago achega unha xornada sobre estratexias tecnolóxicas para abrirmos mercado
venres, 29 de xaneiro do 2021
A
Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración co instituto galego
IGAPE, organiza unha xornada para contribuír a que as nosas empresas
rompan barreiras de mercado a través das novas ferramentas
tecnolóxicas. Trátase da sesión en liña Estratexia
Dixital para a Internacionalización, abeirada ao programa
Galicia Exporta Dixital destinado a apoiar ás empresas galegas no
desenvolvemento e a posta en marcha dos seus plans de transformación
e ampliación de mercado.
A
xornada será como dixemos online, previa inscrición, e
celebrarase o vindeiro mércores 3 de febreiro, ás 12 h. Nela
falarase dos factores de éxito que garanten unha estratexia dixital
axeitada. Mostraranse casos reais de empresas que obtiveron
importantes froitos cos seus programas TIC de internacionalización.
Intervirán (nesta orde), Fernando Pérez-Soba Aguilar, director do
Departamento de Promoción Internacional da Cámara de Comercio de
Santiago, Augusto Álvarez Borrás, director da Área Internacional
do IGAPE e Fernando Aparicio Varas, director de Amvos Digital.