A Cañiza súmase á Rede de Telecentros de Comunicación
mércores, 28 de xaneiro do 2009
- O subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, Manuel Conde Mouzo, e o alcalde de A Cañiza, César J. Mera RodrÃguez, inauguraron hoxe o telecentro de comunicación do concello.
O subdirector xeral de
Telecomunicacións e Audiovisual, Manuel Conde Mouzo, e o alcalde de A Cañiza,
César J. Mera RodrÃguez, inauguraron esta mañá o telecentro
de comunicación do concello, nun acto no que Manuel MartÃnez Núñez,
alcalde de Becerreá, participou por videoconferencia para recibir ao concello
de A Cañiza na Rede de Telecentros.
O
Concello de A Cañiza acondicionou unha parte do andar superior do edificio da
súa Casa da Cultura para dotándoo de ascensor para facilitar o
acceso a este espazo de 100 m2, acondicionado acusticamente e cunha
estética particular, que está dotado de 21 equipos informáticos con lector de
DNI electrónico, DVD, monitor TFT de 17 polgadas, auriculares con micrófono,
sistema operativo Windows XP e software ofimático e multimedia, un proxector de
vÃdeo, unha pantalla de plasma de 42 polgadas, un rack multimedia, microfonÃa de mesa, altofalantes, 2 cámaras
motorizadas, pantalla táctil para o control audiovisual e de luces e rede
Wi-Fi. Todo isto servirá para que os cidadáns poidan acceder a cursos
formativos, relatorios, actividade de teleformación, visualización de
audiovisuais… asà como para a realización de presentacións, roldas de prensa,
videoconferencias e xuntanzas de traballo.
Os cursos que impartiranse no novo telecentro tratarán temas variados coma o
deseño gráfico, o software libre, os blogs ou os vÃdeos na Internet.