A Cidade da Cultura acolleu a entrega dos premios Emprende Innova Comparte
luns, 14 de outubro do 2019
O
pasado 10 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago a
celebración da
primeira edición en Galicia de Emprende Innova Comparte, un
evento organizado por Acción Contra a Fame, en colaboración co
Concello de Ames e outras institucións e empresas, como por exemplo
a firma TIC de Milladoiro Tecalis. Ao
longo da xornada organizáronse obradoiros, encontros e un concurso
final que recoñeceu diversos proxectos innovadores. A dito
evento asistiron 32 persoas, mentres que no concurso participaron 12
emprendedores/as.
A
iniciativa #EmprendeInnovaComparte, incluída a súa edición galega,
está dirixida a persoas que vivan en situación de desemprego e
interesadas en emprender, así como a participantes do programa Vives
Emprende Galicia 2019.
Durante
a tarde desenvolveuse un concurso de ideas de negocio. As 12 persoas
participantes enviaron previamente un plan de empresa que foi
avaliado por un equipo técnico de Acción contra a Fame. Na cita do
día 10 desenvolveuse a fase pitch, na que os participantes
tiveron que presentar o seu proxecto durante o obradoiro da tarde. O
xurado valorou a capacidade de comunicación e venda; a motivación e
o entusiasmo; a claridade na exposición; que se abordasen os os
puntos clave dun pitch de vendas; así como a orixinalidade e
creatividade de cada un dos proxectos.
Para
lograr este impulso, outorgáronse tres galardóns: premio Imaxe
(creación e deseño do logotipo corporativo a cargo da empresa
Conxenia Deseño Gráfico), premio Xestión (apoio á xestión
administrativa e fiscal durante 6 meses a cargo da empresa +Suárez)
e premio Mentorización (apoio durante 2 xornadas sobre
desenvolvemento empresarial innovador e TIC a cargo da empresa
Tecalis e asesoramento durante unha xornada de mercadotecnia online
a cargo de Asubía Comunicación). As persoas galardoadas foron a
amesá Lucía Nieto (premio Mentorización); Fabiola Álvarez, Manuel
Pereiro e Fabián Álvarez (premio Xestión), e Maya Alsousli (premio
Imaxe).